ENCUESTA: ¿Cómo ve el estado de conservación del monasterio de San Salvador?


ALBA RECALDE
''Debería haber colaboración das administracións para conservalo''

«Todo o edificio debería rehabilitarse, porque se encontra en moi mal estado e deberían ser todas as administracións e o Obispado as que colaborasen para arranxalo. Unha maneira de mantelo mellor conservado podería ser darlle un uso, por exemplo como albergue para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. Sexa como sexa debería esta moito máis coidado, porque é unha seña de identidade do pobo e presenta un estado que non é o axeitado».

TÁRSILA IRIMIA LÓPEZ
''Ós veciños danos pena velo así, pero confío en que se amañe''
«O mosteiro está mal porque é propiedade do Obispado e non do pobo. Ós veciños danos moita pena velo neste estado, porque xa caeu un pedazo do tellado, aínda que non tardaron moito en arranxalo. Eu penso que non tardarán moito en amañalo mellor, porque a alcaldesa foi falar coa Xunta e parece ser que o presidente lle prometeu que, alomenos a fachada da iglesia, se ía arranxar e tamén confío en que as melloras sexan para todo o edificio».

SONIA ALFONSO
''O Bispado non fai nada para arranxalo, cando ten cartos''
«É unha pena que estea caendo, pero é propiedade do Bispado que non fai nada por amañalo cando ten máis cartos ca moitos concellos. Neste estado dá unha mala imaxe para o pobo e máis tendo en conta que o seu pórtico é unha réplica do da catedral de Santiago. Si se lle dera un uso podería estar mellor conservado, pero a xente tamén temos pouca iniciativa e non colaboramos en sacar cousas adiante e a nova alcaldesa aínda está empezando».

ISAAC FERNÁNDEZ
''Podería dárselle un uso deixando que a xente nova o utilizase''
«Está moi mal conservado e é preciso que entre as administracións e o Obispado se poñan dacordo para melloralo. Fai uns anos facíase ahí un torneo de baloncesto para os rapaces, pero tal e como está agora non se pode usar porque pode ser perigoso. Podería habilitarse para que o utilizara a xente nova e así estaría mellor conservado, sen embargo tal e como está a situación económica agora, non creo que se vaia arranxar, polo menos de momento».

ANTONIO TAPIADOR
''El patrimonio que tiene dentro debería enseñarse''
«Tienen que arreglarlo y ponerlo en condiciones y quien tendría que hacerlo es el Obispado. Si no toman alguna medida se acabará cayendo, porque el monasterio ya sufrió un derrumbe y en la iglesia por dentro puede verse una grieta. Está claro que usándolo estaría mucho mejor, además ahí dentro hay mucho patrimonio que se podría enseñar a la gente, pero es la Iglesia la que no deja y de esta manera lo que consigue es que su mal estado vaya a peor».

Comentarios