miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Enchufismo nas institucións, que novidade!

Máis de cen posibles enchufes para ter un traballo na Deputación de Ourense ou secretarias eventuais que pasan a ter praza fixa no Tribunal de Contas. As institucións, que durante a época de bonanza eran as principais empresas creadoras de emprego, sobre todo no interior galego, están agora na diana dos xulgados por evidencias de favoritismo. Sen tempo non era, porque así vén ocorrendo desde que existe a Administración do Estado. É un máis dos niñeiros de corrupción polos tentáculos da política, onde se se arrabuñara un chisco en todos, concellos, deputacións, consellerías, ministerios, non sería difícil atopar casos de intercambio de traballo por favores, tanto que é crenza xeralizada na cidadanía que nalgunhas institucións é perder o tempo preparar unha oposición se non se conta con enchufe. Unha depravación que premia o amigo ou parente en vez de quen ten máis capacidades.

Enchufismo nas institucións, que novidade!
Comentarios