sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Encarna Lago González: ''Non é preciso ter máis museos, senón enchelos de contido''

Encarna Lago González, xerente da rede Museística Provincial.
Encarna Lago González, xerente da rede Museística Provincial.

Entende a arte como vía para expresar un sentimento e aínda que os máis intensos os viviu na montaña, busca a cotío a fusión entre ambas cousas. Hai uns días conseguiu esa mestura grazas ao simposio sobre arte e natureza que coordinou no Pazo de Tor.

As Montañas do Cebreiro vírona crecer durante a súa mocidade e, segundo di, dalgún xeito condicionaron o seu estilo de vida. Nelas aínda conserva espazos persoais aos que acode sempre que precisa tranquilidade e sosego e, nelas tamén, di que se atopan rincóns únicos nos que a natureza é arte. Ese foi precisamente un dos motivos polos que hai uns días puxo en marcha un simposio sobre esta temática no Pazo de Tor e, agora, superadas as espectativas, cre que hai que seguir nesa liña para que a xente comprenda a importancia do entorno nas súas vidas. Aínda que son poucas as mostras adicadas a fomentar os espazos naturais, cre que esa tarefa non pasa tanto por crear novos museos como por encher de contido os que xa hai.

Como xurdiu a idea de crear este simposio sobre arte e natureza?

O que buscamos foi dar lugar a un marco teórico no que reunir a importantes artistas e críticos de todo o mundo para que falasen sobre o tema e intentasen chegar a un punto en común. Non se pode dicir que esta corrente sexa algo novo, e menos cando a idea dos grupos culturais desapareceu xa nos anos 90, pero queriamos que todos os expertos na materia puidesen compartir as súas ideas.

De que xeito influíu o Pazo de Tor nesta decisión?

Foi moi importate. Ao falar de arte e natureza é precisamente o segundo dos conceptos o que máis peso ten, xa que inflúe na concepción da obra dos autores. Por iso escollemos un espazo natural como é o do Pazo de Tor, porque cremos que ten moito potencial e que pode poñerse ao nivel de encontros culturais como os que se celebran en Huesca.

Consiga AQUÍ la información completa

Encarna Lago González: ''Non é preciso ter máis museos, senón...
Comentarios