''En julio tenemos campamento bilingüe en Manzaneda''

Saleta Rey, copropietaria da escola de ocio bilingüe Cool School, nas Galerías 21 da Avenida da Coruña

Que é Cool School?

Unha escola de ocio bilingüe. Ensinamos inglés exclusivamente a través de actividades lúdicas (manualidades, contacontos, baile...). Despois de vivir en Dublín vimos que aquí estúdiase moita gramática en inglés pero escóitase bastante pouco e fálase aínda menos. Nós facemos inmersión lingüística, e cando temos que recurrir a outro idioma para explicar algo utilizamos o galego, porque os nenos fálano pouco. Así practican dúas linguas.

A que idades se dirixen, en que horarios e a que prezo?

A nenos de tres a doce anos e unha hora custa 12 euros, pero temos moitas tarifas: de iniciación, premiamos a regularidade, facemos descontos para irmáns ou se un membro da familia está en paro... Abrimos de cinco a oito e media de luns a venres e de once a unha e de cinco a sete os sábados.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios