«En setembro faremos un curso de informática e internet»

A asociación de Boimente é das máis activas, cales serán as próximas actividades?
Para o mes de setembro proxectamos o roteiro cultural Turisteando por Terras Lucenses.

Que lugares visitarán?
Empezaremos na Pontenova para ver Os Fornos, a ruta verde e os santuarios, seguro que xa comeremos por alí. Despois iremos a Ribadeo, á illa Pancha, faremos unha viaxe en barco pola ría e visitaremos a vila.

Por que elixiron esa zona?
É das zonas que menos coñecíamos e pensamos que hai que coñecer Galicia.

Como vai o proxecto de compostaxe caseira?
Vai para a última fase de recolleita do abono.

E retoman a informática?
O vindeiro mes faremos un curso de informática e introducción a internet no que xa se poden apuntar as persoas interesadas. Fai tempo que temos unha decena de persoas ás que lles interesa moito e esperan polos cursos como auga de maio.

Aínda segue o concurso sobre a rapa das bestas?
Si, o prazo para presentar os traballos remata o vindeiro día 31.

 

Comentarios