En la búsqueda de la patata cazona

Xosé Otero, al pie de la parcela en la que echaron la variedad de patata autóctona llanero cazona. (C. PÉREZ)
photo_camera Xosé Otero, al pie de la parcela en la que echaron la variedad de patata autóctona llanero cazona. (C. PÉREZ)

A introducción masiva de variedades coma a kennebec, a baraca ou a monalisa levou a que pouco a pouco a patata autóctona da Terra Chá, a cazona, fose caendo en desuso ata o punto de non haber case constancia do seu cultivo. Son moitos os que a lembran, pero nas súas leiras xa non medra, pese a ter unhas características que lle permiten resistir mellor as inclemencias meteorolóxicas da zona.

Domingo Rodríguez e Xosé Otero, socios fundadores da empresa de produción ecolóxica A Cortiña Nova, localizada no lugar homónimo do barrio do Francés, na parroquia begontina de Carral, eran coñecedores da existencia desta variedade e quixeron apostar pola súa recuperación. Buscaron na zona a semente, pero non deron con ela. «A xente maior oíu falar dela, cóntannos que a cultivaban cando eran pequenos, pero agora xa non», explican.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios