''Empecei gañando 50 pesetas o mes''

Francisco Balado, na notaría.
photo_camera Francisco Balado, na notaría.

déronlle tres opcións ós 13 anos: traballar como botóns nun banco, nunha incubadora de pitos ou na notaría de Castro. Francisco Balado escolleu a última e 50 anos despois, alí segue. «Empecei gañando 50 pesetas o mes e botei así moitos anos», lembra sobre os comezos dun traballo que para el é «coser e cantar». Di «coñecer na cara o que quere a xente» nada máis entrar pola porta, e quizais por iso se sinta ás veces coma «un confesor».

Balado experimentou en primeira persoa a importante evolución da notaría, onde pasou de estar el só para facer un documento «cada tres días», a ser tres empregados, por non falar dos 13 notarios ou dos 19 sustitutos cos que coincidiu nestes anos. «Coñezo a medio notariado de España», bromea, e tamén aos veciños da volta «casa por casa». Non resulta estraño, porque Francisco ten sido axudante de dentista, carteiro, enterrador e ata alcalde.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios