''La emigración forma parte de mi vida desde siempre''

Lionelo Rexes, ganador del certamen Minicontos de Outuno, promovido por Pen Galicia y De Luns a Venres

Dende cando escribe?

Fáigoo dende neno, aínda que non empecei a presentarme a certames ata hai 7 ou 8 anos.

E con éxito?

Non me queixo, o pasado 9 de decembro gañei un en Moaña e agora este.

Sobre que versa o último?

Titúlase ‘Luzada’ e é un relato sobre emigración escrito en galego, pero onde tamén están presentes outros idiomas como o italiano ou o francés é que relata a realidade que tiveron que vivir os nosos emigrantes e como se adaptaron para manter os seus costumes sen chocar coas normas do país que os acolleu.

Un tema que non lle é alleo?

Para nada, eu nacín en París, crieime en Madrid e vivo en Alfoz e de toda a vida recordo historias de familiares e amigos que estaban fóra, das que fun recollendo ideas para as miñas obras.

Sempre fai relatos curtos?

Non, teño escrito duas novelas, con temática tamén sobre a emigración.

O premio son 600 euros, que non está mal.

Non, pero non escribo polo premio. Para min o máis importante é ter o recoñecemento dun xurado formado por escritores profesionais e xente consagrada.

Comentarios