Elías Trabada: ''A igualdade da muller non callou tanto no medio rural''

Elías Trabada Crende (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Elías Trabada Crende (Foto: Sebas Senande)

O sociólogo Elías Trabada Crende presentou este luns, na aula cultural de Caixa Galicia, o Estudo sociolóxico sobre o territorio rural de Galicia, no que fai unha profundo análise da realidade actual do mundo agrario galego. Entre outras comarcas, no caso de Lugo centrouse, especiamente, na Terra Chá, A Fonsagrada e Terra de Lemos.

—Cales son as características do medio rural galego actual dende unha perspectiva sociolóxica?
—Caracterízase por un envellecemento excesivo, por unha evidente despoboación e pola centralización en vilas das familias xoves con fillos pequenos, en busca de servizos. En canto as carencias, teñen moito que ver coa falta de aproveitamento dos recursos e a perda do valor engadido da transformación e comercialización dos produtos. Esto prexudica a creación de novo emprego.

—Continúa a emigración ás cidades?
—Os mozos fan os seus estudos superiores e como nas súas comarcas non atopan un posto axeitado á súa cualificación optan polas cidades. Ademais, pasan por un proceso socializador máis urbán.

—Cal é a situación da muller?
—Normalmente, no medio rural a igualdade da muller non callou tanto. As mozas o teñen máis difícil para incorporarse a unha actividad que non sexa o fogar e o cuidado da familia, especialmente dos nenos e dos vellos. A muller ten unha dobre presencia no traballo das explotacións e da casa, polo que é normal que as mozas marchen para as cidades, en busca da súa promoción laboral.

—Hai futuro nas explotacións agrarias?
—Estase a producir un fenómeno económico e sociocultural, derivado da formación superior dos mozos, o que fai que tendan a súa promoción ó marxe das explotacións dos seus pais, aínda que sexán rendibles. Existe ademais un conflito interxeneracional, o que provoca unha longa espera para facerse cargo das granxas.

—Que outros problemas se plantexan?
—A falta de vivenda, que impide a independencia dos mozos.

Comentarios