Elegancia y compromiso

Foto: TOÑO PARGA
photo_camera Foto: TOÑO PARGA

SÓ CABE progresar cando se pensa en grande, só é posible avanzar cando se mira lonxe, dixo José Ortega y Gasset.

Marujita Sierra debería figurar nos nosos libros de historia por ser un personaxe imprescindíbel para entender o mellor de nós como comunidade.

Estou a falar dunha muller progresista e aberta, moi comprometida coa nosa cidade e o seu futuro. Estou a falar dunha muller que ten posto a súa inmensa xenerosidade ao servizo deste obxectivo, que se indigna diante da inxustiza e, en coherencia, loita de forma infatigábel a prol das persoas desfavorecidas desde a humildade e a discreción, dous valores que deberían acompañar a todos e cada un de nós.

A súa natural elegancia está á altura da súa intelixente e agradábel faceta de grande conversadora.

A súa palabra é filla da tolerancia e ferramenta de construción dun discurso de progreso, entendido no sentido máis amplo do termo e nunca como unha etiqueta partidista.

En definitiva, Marujita Sierra é toda unha señora.


Severino Rodríguez é o alcalde de Monforte

Comentarios