El Concello de Barreiros renuncia a cubrir con arena las piedras de Arealonga para evitar multas

"O ano pasado quixemos tapar o pedregal con area pero tras a sanción de 300 euros optamos por non facer nada e que actúe a natureza", señaló el alcalde, Alfonso Fuente
Estado de una parte de la playa de Arealonga tras los temporales
photo_camera Estado de una parte de la playa de Arealonga tras los temporales

Ao igual que aconteceu hai case un ano, os últimos temporais provocaron que o mar levara consigo a area dunha parte da praia barreirense de Arealonga. Precisamente é a beira que está máis próxima a San Miguel -non á que está preto das Catedrais-, xusto onde se atopa unha turbeira con restos arqueolóxicos moi antigos. Para evitar calquera multa que puidera recibir o ente municipal por actuar nese lugar a protexer, o Concello renuncia desta vez a tapar as pedras con area como fixera noutra ocasión.

"O ano pasado, para recuperar a praia cara o verán, quixemos tapar o pedregal con area coa boa intención precisamente de protexer tamén a turbeira ao cubrila dese xeito, pero resulta que un colectivo denunciou esa actuación na delegación de Medio Ambiente que acabou impoñendo ao Concello unha sanción duns 300 euros, así que, nesta ocasión, optamos por non facer nada e que actúe a natureza", clarexou o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga.

Os barreirenses colgaron fotografías esta semana nas redes sociais para amosar como volveu quedar principalmente Arealonga tralo paso dos últimos temporais que azotaron a costa.

O aspecto é chamativo porque trátase da praia quizáis máis longa e con maior volume de area do litoral barreirense, pero o rexedor insiste en que a parte máis afectada pola retirada de area é a máis próxima a San Miguel xa que ao resto non lle afectou a oleaxe.

Confían en que, como pasou no verán, o mar devolva á praia por si só a area ao longo dos meses.

Comentarios