El análisis: Anxo Guerreiro, Jenaro Castro y Anxo Lugilde opinan sobre el debate electoral

Anxo Guerreiro (Analista e Político)

''Rajoy foi ambiguo e non contestou a Rubalcaba''
''Eu creo que Rubalcaba tiña un papel moi difícil coas enquisas e a valoración do Goberno socialista e Rajoy quería pasar desapercibido. O socialista puxo o dedo sobre a ambigüidade e as ameazas que ten o programa do PP e Rajoy foi incapaz de contestar as súas preguntas. O popular mantívose ambigüo e segue creando unha intranquilidade sobre o que vai a facer se gaña as eleccións''.

Jenaro Castro (Xornalista de TVE)

''O socialista xa aceptou o papel de perdedor''

''Foi un debate electoral no que clarisimamente había un xefe da oposición e aspirante a presidente que foi tratado como presidente, que foi Rajoy, e un Rubalcaba que en todo momento aceptou o papel de perdedor e líder da oposición. O socialista foi o que máis seguiu a táctica de romper cos tempos establecidos, xa que precisaba entorpecer a Rajoy, que só con dar cifras xa tiña o debate gañado''.

Anxo Lugilde (Analista Político)

''Foi equilibrado e non houbo un claro gañador''
''A min gustoume máis Rubalcaba, pero precisaba gañar por KO e non o conseguiu, xa que o cara a cara foi equilibrado e non houbo un gañador claro. Por iso, Rajoy saíu presidente. O socialista demostrou maior capacidade dialéctica e enganchouno coa acusacion de que vai baixar o seguro de desemprego, algo que sabe que fará porque tamén el tería que facelo de ser presidente''.

Comentarios