Edmundo Maseda: ''Vamos a colaborar con Alfoz, pero no es momento de hablar de la fusión''

Edmundo Maseda. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Edmundo Maseda. (Foto: José Mª Álvez)

Coa ilusión do primeiro día, o socialista afronta esta etapa política como unha oportunidade para desenvolver aqueles proxectos, como a biomasa forestal ou a agricultura ecolóxica, que pensa que poden facer que o municipio recupere a poboación que leva anos perdendo.

despois de dez días de tensión, nos que tivo que escoitar que puxera prezo á alcaldía do Valadouro polo pacto que asinou co seu socio de goberno, Udival, o socialista Edmundo Maseda recalou onte na alcaldía con ilusión e con moito traballo por diante.

Como se atopa despois destes días de tensión e polémicas?

Polas polémicas moi tranquilo, ó cabo iranse difuminando porque non teñen razón de ser. Polo demais este primeiro día foi de moito traballo, porque atopamos moitas cousas atrasadas e hai que poñerse ó día, ademais de ir aprendendo sobre a marcha o funcionamento de todo.

Como afronta esta nova etapa na súa vida política?

Con ganas e ilusión, pero tamén con preocupación porque son moitas cousas as que hai que poñer ó día. Non estaba todo tan ben como dicía o anterior rexedor, José Manuel Lamela, e temos problemas de liquidez para afrontar certos pagos porque os presupostos están prorrogados dende o 2009.

POLÉMICA

O feito de que o PP leve o pacto que firmou con Udival ós tribunais vai influír no goberno?

Para nada, estamos moi tranquilos. Iso é algo que vai facer o PP porque quere e nós non temos nada que dicir. Estamos seguros de que o que firmamos é legal e non estamos preocupados, hai que esperar a ver que pasa, pero eso non vai influir para nada no noso traballo. 

Comentarios