Estadías máis longas na tempada estival

A economía dos mariñáns mellora e fai medrar de novo as reservas de viaxes

A recuperación do sector produciu un aumento dos prezos das contratacións, que rondan entre os 1.500 e os 3.000 euros nun hotel de tres estrelas
Ofertas de viajes, en una agencia mariñana
photo_camera Ofertas de viajes, en una agencia mariñana

Os mariñáns anímanse a viaxar cada vez máis. Así o aseguran as axencias de viaxes da zona, sinalando que o número de reservas aumentou a respecto do anterior. Este ano, as illas e a costa peninsular son os destinos preferidos polos viaxeiros.

Como de costume, o maior volume de reservas apreciouse en xullo e en agosto; porén, cada vez máis persoas fan as súas reservas para o mes de setembro, agardando atopar ofertas máis baratas e menos colapso. En canto aos destinos o binomio sol e praia é a estrela, segundo comenta Patricia Pérez Vázquez, propietaria de Zafiro Tours Burela que sinala que "fundamentalmente elíxese un destino de praia". Os destinos seleccionados varían tamén polo medio de transporte: "se collen avión van ás illas, se van en coche, elixen o Algarve, Levante...".


A elección de destino depende do medio de transporte elixido e a duración media das viaxes é dunha semana


No tema das reservas, os mariñáns están acostumados a reservar con antelación. Segundo Florencio Rodríguez, de Viajes Rodríguez de Foz, "hai clientes que en abril xa reservaron para viaxar en setembro ou outubro". Pero aínda hai excepcións, como comenta Dolores García, de Zafiro Tours Viveiro. Remarca que "mucha gente te viene al principio, a mirar precios. Pero esperan a última hora, por si bajan los precios. Yo les aconsejo que reserven con antelación, porque a última hora la oferta es limitada y los precios de avión suben mucho".

En canto á duración das viaxes, as reservas soen ser dunha semana. Florencio Rodríguez sinala que un dos motivos polo que as familias elixen a semana de vacacións débese a que "os clientes prefiren vós directos, e as compañías prográmanos de semana a semana". No tocante á reserva, segundo comentan dende as axencias de viaxe, os mariñanos prefiren o servizo de todo incluido, "ou senón a media pensión".

Con respecto aos precios, as axencias remarcan o seu aumento a diferenza do ano pasado. Patricia Pérez, de Burela, apuntaba que o incremento das reservas, como por exemplo a Menorca, fixo que os prexos sexan "prohibitivos". Pérez comentaba que unha reserva en marzo "estaba a un prezo razoable, pero agora catro persoas poden saír por 3.000 euros".

Seguindo os destinos elixidos para irse de vacacións, os operadores sinalan que os clientes acostuman acudir con ideas fixas, pero abertos a suxerencias, sobre todo no eido económico. Así o sinala Florencio Rodríguez, comentando que "os clientes veñen cun destino pensado, pero se hai unha oferta que lles sale máis económica, cambian de opinión".

Comentarios