''É unha satisfacción colaborar coas festas do pobo''

MAR0902P15F1.JPG
photo_camera MAR0902P15F1.JPG

Como é que decidiron colaborar este ano coas festas do Entroido en Ribadeo?

Puxemos a discoteca ó servicio da comisión dos festexos para que fixeran nela a cea do Luns Fareleiro que este ano por falta de fondos dicían que non ían poder facer nunha carpa que instalaban no parque. A Rosa Lar déixalles a sala de festas, xunto cun servicio de barra e con calefacción. Tamén llelo ofrecera outros anos. Desde logo, é unha satisfacción sempre poder colaborar co pobo no que poidamos.

Ten a capacidade suficiente para albergar a máis de 200 persoas que adoitan acudir?

Si, porque ten capacidade mesmo para 2.000 persoas coas dúas plantas que ten.

Aparte, cada sábado organizan un espectáculo. Que artistas acudirán o día 11?

O sábado día 11, a partires das 21.30 horas da noite, contaremos coa Orquestra Abanico e tamén co humorista Isi, moi coñecido polas súas actuacións no programa da Televisión de Galicia Tourilandia.

Que máis servizos ofrece Rosa Lar?

Ademais de ofrecer actuacións musicais tódolos sábados do inverno, temos pratos combinados e cafetería. Abrimos ás 8.00 horas.

Comentarios