''Es una obra actual, aborda la realidad de la crisis''

Paloma Lugilde (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Paloma Lugilde (Foto: Pepe Álvez)

Paloma Lugilde, coordenadora da Aula de Teatro do campus, que pon hoxe en escena no Auditorio ‘Animaliños’

Que aborda a obra que poñen hoxe en escena?

Lanza unha mensaxe que está de actualidade porque fala da realidade da crise, da falta de tenrura que hai nos tempos que corremos... O argumento é unha urbanización asolada por caracois, na que os seus veciños están máis preocupados por iso que por problemas que teñen, como o impago dunha hipoteca, maltratos...

Con ‘Animaliños’ arrinca o festival internacional de teatro universitario de Lugo, que dura ata o día 12, que salienta deste certame?

Un dos protagonistas é o teatro de Roberto Vidal Bolaño, a quen está adicado o Día das Letras Galegas. Tres das obras que se representarán son del, como ‘Animaliños’. Outros protagonistas son actores galegos que estudan en centros de arte dramático, que presentarán o día 9 catro microproxectos. Entre eles está a lucense Alba Fernández, que repite cunha obra nova. O ano pasado gañou o premio nacional de teatro do Injuve.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios