''É preciso falar de sexualidade femenina de foma aberta''

ADE1501P125F1.JPG
photo_camera ADE1501P125F1.JPG

En que consisten as actividades que preparan?

Son dous obradoiros que terán lugar no centro Uxío Novoneira. O de hoxe é un taller de sexualidade, feminidade e autocoñecemento do noso corpo, de xeito lúdico e divertido. Será a partir das 19.00 horas, coa técnica Natalia Domínguez, ‘tupersexera’ de Los placeres de Lola. Mañá, ás 10.30 horas, teremos un obradoiro a cargo de Tareixa Ledo sobre ‘A erótica do coidado e o coidado da erótica», sobre o autocoidado e a autoestima.

¿Cales son os obxectivos?

Visibilizar a sexualidade feminina desde unha perspectiva feminista, intentando rachar coa imaxe da muller como obxecto sexual supeditada ao placer masculino. É preciso falar de sexualidade feminina de forma aberta, escapando dos tabús que o patriarcado nos impón aínda a día de hoxe.

Quen pode acudir?

Calquera muller interesada con ganas de aprender e pasar un rato divertido explorando a súa feminidade e a sua sexualidade.

Cando se xuntan?

Reunímonos todos os meses para planificar distintas accións e convidamos a todas as mulleres luguesas a participar. O contacto é [email protected].

Comentarios