Y al séptimo día, carrilanas

Carrilana participante en la carrera. (T. PARGA)
photo_camera Carrilana participante en la carrera. (T. PARGA)

Din que Deus creou o Universo en seis días e ao sétimo descansou. Os monfortinos teñen normalmente seis días de festas e ao sétimo tamén descansan, pero este ano aos veciños do Barrio do Hospital, que se uniron en asociación fai uns meses, o corpo pediulles marcha e decidiron alongar un día máis as celebracións organizando unha carreira de carrilanas.

En total, participaron sete vehículos decorados a maior parte deles con motivos referentes á cultura do viño. As carrilanas saían do cruce entre a ronda urbana e a rúa Abeledos e tiñan que salvar un trazado duns 500 metros cun tramo lixeiramente en costa ao principio e máis plano ao final.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios