Dos décadas cosechando éxitos

Fraga, na edición de 2002 (Foto: AEP)
photo_camera Fraga, na edición de 2002 (Foto: AEP)

A Festa do Queixo de San Simón da Costa, que naceu a través dunha iniciativa popular para exaltar e promocionar os produtos da comarca, cumpre a súa vixésima edición mantendo viva a tradición sen perder de vista a innovación.

Hoxe, 20 anos despois, eses produtos, e máis concretamente o queixo, xa contan cunha sona nacional, e nalgúns casos ata internacional, coleccionando premios e galardóns varios e acudindo a feiras do prestixio do Salón Gourmets de Madrid ou de Alimentaria, que se celebrará esta mesma semana en Barcelona, e que reunirá a medio cento de estrelas Michelin.

O ouro vilalbés -que ten a denominación de orixe dende o ano 1999- celebra esta fin de semana a vixésima edición da súa festa, que xa traspasou tódalas fronteiras e barreiras posibles e continúa sendo o sustento dun gran número de produtores na comarca, interesados en manter viva a tradición na súa elaboración, sen perder de vista a innovación.

Pero para chegar a este punto hai que remontarse vinte anos atrás, cando Rosa María Rey Pérez, Fina Lozano e José Antonio Pita decidiron apostar por este produto, converténdose no tridente necesario que fixo posible, co seu arduo e intenso traballo, que dúas décadas despois a Festa do Queixo de San Simón da Costa continúe viva e colleitando os maiores éxitos.

Actividades variadas para honra o queixo

A vixésima edición da Festa do Queixo de San Simón contará, tal e como vén sendo habitual, cun amplo programa de actividades, que arrincará o sábado ás 11.00 coa apertura do recinto feiral, e que se prolongará durante toda a fin de semana. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios