Viernes. 19.04.2019 |
El tiempo
Viernes. 19.04.2019
El tiempo

Doutrina gobernamental

QUÉIXASE con amargor a profesora Isabel Fresco de que xente que non pisa as aulas é a que deseña os cambios educativos. Non lle falta razón. Porque os gobernos, todos, aplican no ensino ante todo a súa postura ideolóxica. Un exemplo: elimínase a impartición de valores democráticos e constitucionais e porén continúa a formación relixiosa católica na escola, convertendo así en institucional algo reservado ao ámbito familiar. Como alternativa, as relixións poderían integrarse na materia na que se estude a historia das ideas, pero non. Non se quere educar para a liberdade, senón para a obediencia, láiase a mesma profesora; por iso Wert, que despreza as humanidades, defende que os rapaces non estuden segundo os seus gustos, senón aquilo para o que sexan produtivos. Non é de estrañar entón que por posturas como esta sexa o ministro peor valorado, pero a súa lei reflicte a doutrina gobernamental.

Doutrina gobernamental
Comentarios