Dos ‘hermanos’ con mucho arte

Honorio e Germán Refojo, separados por 25 anos, no estudo da rúa San Pedro (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Honorio e Germán Refojo, separados por 25 anos, no estudo da rúa San Pedro (Foto: Xesús Ponte)

O pintor Germán Refojo e o escultor Honorio montaron o seu novo estudo de traballo nun piso no que estivo vivindo Tino Grandío cando era novo. Non quedan pegadas dos anos vividos, pero si do mestre armeiro Manuel Refojo, o valente de Sidi Ifni.

Os artistas Germán Refojo e Honorio pasean orgullosos polo seu novo estudo. Ocupa un primeiro andar dunha casa enfronte da sede luguesa de Correos, na rúa de San Pedro. Esa satisfacción responde a que armaron o obradoiro partindo da vivenda na que naceu Germán en 1957, pero tamén o fixo a súa irmá e antes a nai de ambos os dous. Andados os anos, viviu no piso superior ata que casou.

A rectitude marcial e a laxitude bohemia conviven nun espazo compartido polas lembranzas do militar Manuel Refojo, tío de Germán, e a pegada inmaterial de Tino Grandío, que o habitou na súa xénese como artista.

Germán conta que os irmáns Grandío chegaron dende Lousada (Guntín) a Lugo para estudar o bacherelato. Alugaron o piso no que está o estudo. Tino empezou a experimentar coa pintura e coa vida nocturna. «Chegaba de madrugada das troulas e petaba co chamador da casa. As irmáns non lle abrían e tiña que baixar o meu avó. Unha noite, farto, arrincou o chamador e mandouno durmir ao quente onda o forno de Madrid en Lugo, na rúa dos Paxariños. Seguiuno facendo», sinala Refojo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios