O domingo a situación climática continuará moi indefinida en Galicia

As temperaturas non terán cambios significativos

O domingo a situación continuará moi indefinida xa que os principais centros de acción manteranse bastante afastados de Galicia.

Deste xeito teremos un tempo cambiante, con ceos alternando momentos de nubes con outros de apertura de grandes claros; tamén agardamos algunhas chuvias de tipo illado e ocasional, máis probables no interior pola tarde.

As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos do noroeste, con intervalos de moderado no litoral.

Meteogalicia

Comentarios