Doce arqueólogos da USC escavarán en Cova Eirós no mes de agosto

Anterior campaña. aep
photo_camera Anterior campaña. aep

Os traballos de investigación en Cova Eirós en Triacastela comezarán na primeira quincena de agosto e prolongaranse durante dúas semanas. Nas escavacións contarase coa presenza de doce arqueólogos.

O tempo de escavación na caverna viuse reducido en comparación con outras campañas debido a unha baixada do presuposto. Noutras ocasións os traballos acadaran as catro semanas de duración, aínda que este ano os investigadores non contan coa subvención do Ministerio de Cultura. Por iso os labores do vindeiro mes financiaranse co remanente do ano pasado e a causa disto vese reducido o tempo de traballo en Triacastela.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios