''Me disfrazo de personajes de actualidad en el Carnaval''

entusiasmo é a palabra que define a perfección a Javier Castiñeiro. Este político focense é todo un entusiasta da vida municipal, na que está plenamente involucrado cos seus veciños. Agora, a pesar da súa xuventude, asume o reto de liderar a proposta do PP no seu concello natal.

É dos que lles costa despertarse cando soa o despertador?

Non, eu son bastante madrugador. Acóstome ás 12, como moi tarde e gústame madrugar. Ás sete e cuarto eu xa estou de pe.

É de café ou de Cola Cao?

Prefiro o café, pero non ó despertarme. Primeiro prepárome un zumo e como unhas galletas vendo a tele. Logo, unha hora máis tarde, é cando chega o café.

Cantas horas dedica ó día ó traballo?

Eu son aparellador, e na miña empresa abrimos as oito. Logo imos a Viveiro, onde comemos, e continuamos a xornada ata as oito da tarde. Entre unhas cousas e outras son case 12 horas de traballo.

É moi sibarita á hora de comer?

Non son sibarita, gústame case todo, sobre todo o pescado de aquí. Normalmente como con auga, as únicas veces que si que toma algo especial, como un viño, é en comidas puntuais.

Quen cociña na casa?

Na casa cociño eu cando poido, os fines de semana e así. Nestes momentos é imposible porque estou moi liado traballando, pero a cociña é algo que me gusta. Xa me gustaba cando era estudante e sempre que poido cociño.

E no resto de tarefas da casa?

Fago o que poido. O certo é que a miña muller e máis eu temos moita sorte, xa que os dous traballamos e os meus sogros e os meus pais axudannos moito cos dous fillos que temos. De todos os xeitos sempre que poido colaboro.

É dos que vai o supermercado co carrito?

Realmente non me gusta facer as compras, penso que como moitos homes. Eu ou levo unha nota co que teño que mercar ou nada. Realmente nesto teño moita sorte coa miña esposa.

Cústalle atopar as cousas na súa casa?

Nestas últimas semanas un pouco, porque estou moi atarefado. Normalmente non, aínda que teño que recoñecer que son un pouco despistado. por sorte sempre aparece o que busco, pero podería ser un pouco más ordenado.

Prefire cambiar cueiros ou negociar co enemigo político?

Son cousas moi diferentes pero non me desgusta ningunha das opcións. Hai momentos para estar coa familia e a min encántanme os nenos, xogo con eles e pasoo moi ben. As negociacións tamén teñen o seu aquel, tanto no meu traballo como na política. Considérome unha persoa moderada, coa que se pode falar. Sempre me intento poñer na pel doutros.

Pode vivir sen móbil?

Encantaríame, pero hoxe en día é unha ferramenta fundamental. Hai unha dependencia do móbil que non é boa,un pensa que lle falta algo se sae da casa sen el.

E sen coche?

Definitivamente non. Hai malas costumes co coche, xa que o usamos para todo. Poderiase prescindir moito máis do vehículo, pero tal é como é a vida hoxe en día é complicado.

Gústalle o fútbol?

Moito, xa que fun xogador do Foz, un equipo co que chegára a desputar un ascenso a Terceira. Son un apaixoado deste deporte e para min foi como unha carreira.

Que é o que máis lle gusta de Foz?

O seu potencial geográfico, tanto na costa como no interior. Tamén me gusta moito o humor da xente de Foz, que é moi singular e axuda a levar ben a vida.

Está apartado da vida nocturna?

Non, gústanme moito as festas, sobre todo o Antroido. Formo parte da peña Nasss, coa que o pasamos moi ben. Na mesma está José Ramón Val, que é o segundo do PSOE, e levámonos moi ben.

Cales son os disfraces que empregou dos que garda bos recordo?

En Foz lévase moito disfracerse de personaxe de actualidade. Un dos que máis me gustou foi o de Espartaco Santoni, e tamén o de Andrés Calamaro.

CUESTIÓN DE GUSTOS

  • Cociña. O candidato focense considérase un gran afeccionado a cociña, unha tarefa do hogar que lle gusta moito, aínda que confesa que non ten moito tempo para dedicarlle polas súas obrigas profesionais.
  • Vida nocturna. Castiñeira é unha persoa que tamén sabe divertirse cando ten que facelo e sempre participa nos festexos municipais, xa que considera que é importante manter as relacións cos veciños e amigos.
  • Fútbol. O seu pasado como xogador do Foz fai que o deporte sexan unha das súas grandes paixóns, un mundo no que confesa que aprendeu grandes cousas e leccións que non se imparten na carreira profesional.

Comentarios