Dignidade e convivencia

NON LLE pasa a moitos, pero a Suárez si lle ocorreu, que o valoraron en vida en vez de só unha vez desaparecido. As mensaxes laudatorias soen chegar cando o protagonista xa non é quen de recibilas, pero no caso do primeiro presidente da democracia levamos case corenta anos de louvanzas, das que unha debe constar por riba de todas e que ninguén pode refutar, a de facilitar a convivencia entre os españois, algo que en situacións bastante máis doadas non sempre se produciu con dirixentes que ocuparon despois o mesmo posto ca el. Outros presidentes buscaron confrontación, tanto desde o goberno como antes cando estaban na oposición, indignos depositarios do seu legado; símbolo da tolerancia, que debería pesar máis có seu pasado anterior á Transición. Pero a principal imaxe que deixa é a da dignidade diante dos golpistas, ao non anicarse coma os demais. Só el, Carrillo e Mellado.

Comentarios