Diario dun traballo duro e silencioso

María Jesús Alonso (esquerda), Inés Martínez, Manuela García e Celia Pacio, xunto á concelleira de servizos sociais de Burela (Foto: Antonio lópez)
photo_camera María Jesús Alonso (esquerda), Inés Martínez, Manuela García e Celia Pacio, xunto á concelleira de servizos sociais de Burela (Foto: Antonio lópez)

Era un acto de mulleres, pero no salón de actos da confraría de pescadores de Burela tamén había moitos homes. Porque para elas non foi sinxelo adicarse ó mundo do mar, pero o seu papel foi, é e será fundamental. Precisamente por isto o Grupo de Acción Costeira (GAC) A Mariña-Ortegal lles dedicou a xornada As Mulleres do Mar, na que cinco traballadoras deste sector relataron a súa experiencia nun mundo tradicionalmente masculino.

A primeira en expoñer a súa vida foi Manuela García Arnau, que leva toda a vida vencellada ó sector pesqueiro e traballa como peixeira: «Ninguén me ensinou nada, aprendín sóa», recoñece, «nunca atopei trabas polo feito de ser muller, pero tiven que traballar moito». Tamén de familia mariñeira é a presidenta da asociación de redeiras Cabo Burela, María Jesús Alonso, quen asegura que «a miña vida é o mar, se eu fose home sería mariñeiro». Aprendeu a coser redes sendo moi nova e aínda que pasou por outros traballos, como a descarga de pescada no peirao ou a recollida de alga, segue cosendo as redes. «Cando montamos a asociación non tiñamos moito traballo, pero agora os armadores coñécennos e traballamos moito», asegura.

ANÁLISE
O encontro do Bloque será o vindeiro sábado

O BNG da Mariña someterá a análise o vindeiro sábado, 5 de abril, o futuro do sector pesqueiro, para o que contará coa presencia da súa candidata ás eleccións do Parlamento Europeo Ana Miranda, acompañada polo portavoz nacional, Xavier Vence. O acto, que será no salón de actos da confraría de Burela a partires das cinco e media da tarde. A formación aboga pola defensa dun sector estratéxico para a comarca fronte as políticas que o discriminan. Convidan a tódolos interesados a acudir.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios