domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Desintegración

Quen polo título pense que falarei sobre a posible desmembración de España, non se preocupe, non é o tema a tratar, senón da crítica situación que están pasando os partidos políticos que pode acabar na súa desintegración se non lle poñen freo á deriva que os levou a ser tan cuestionados polos cidadáns. As investigacións sobre a rede de corrupción vinculada ao PP, a inconsistencia do proxecto socialista agrandado coa ausencia de liderado, a división ás veces estridente entre os socios de CiU, o temor en IU a un grupo emerxente saído da nada e moitos outros episodios socavan os partidos tradicionais que aferrándose ao inmobilismo provocan unha combustión interna que os erosiona. Ata agora, ata que a crise trastocou os cimentos do que se consideraba inmutable, foron tirando; pero se non viran para democratizarse e transparentar as súas entretelas levan camiño da autodestrución.

Desintegración
Comentarios