Desigualdades xudiciais

MENTRES se tramita o seu indulto, Carlos Fabra seguirá en liberdade. Está condenado a catro anos de cárcere, pero por delito fiscal; se fose por vender unha papelina de heroína nunha época de drogadicción é posible que entrase en prisión e logo, con calma, xa se resolvería se conviña soltalo ou non, incluso cunha petición unánime dun Parlamento. Así pasou con David Reboredo, o toxicómano vigués que xa estaba reinsertado na sociedade e colaboraba socialmente para evitar que outros mozos pasasen polo mesmo ca el cando un tribunal non tivo clemencia. Pero con que foi presidente da Deputación de Castellón -cargo que ostentaron outros seis membros da familia-, será por casualidade pero o tribunal foi máis comprensivo, a pesar de que teoricamente non está rehabilitado, e non conste que devolvera os 700.000 euros que defraudou á Axencia Tributaria, ou sexa, a todos.

Comentarios