A desidia nada soluciona

É o verán boa época para recapitular, facer balance do primeiro medio ano e pensar no futuro, aínda que sexa cercano, pois a longo o risco é considerable. E neste tempo transcorrido dá a sensación de que a pesar do cambiado, todo segue igual; aínda que o Goberno se esmere en comunicar que a situación mellora en base a datos macroeconómicos, a escaseza na rúa non nota variacións; a pesar de termos novo xefe de Estado logo de 39 anos, dificilmente se emprenderán grandes alteracións máis aló da transparencia prometida; por máis que a cidadanía reclame, ás veces intensamente, transformacións máis ca reformas, nada parece aventurar que pasado o estío se planteen modificacións en profundidade. É como se se agardase que o arranxo chegase co simple paso dos meses. Entón non pediremos que agosto, case inhábil en política, sirva para encanar o que non se puido resolver en sete anos. Seriamos ilusos.

Comentarios