''Diseñamos una ruta de viajes con una atención como la del Imserso''

Javier Acebrás, presidente da asociación gastronómica da Pontenova e director dunha axencia de viaxes

A súa axencia online Viaxes Lucus, xa programou as excursións do ano que vén?

Si, algunhas citas van ser na Pontenova coma un cocido que organizamos para o 25 de xaneiro. A primeira excursión será o 12 de xaneiro para ir ó mercadiño de Portugal. A este país voltaremos en febreiro para visitar Fátima e Lisboa e de novo en marzo, para mercar nos postos de Vilanova da Cerveira e en maio, para ver o Algarve. Tamén iremos en marzo a Benidorm e a Asturias.

Por que están tendo tanto éxito estas viaxes en grupo?

Porque inclúen autobús con recollida nos principais puntos da Mariña e do Occidente de Asturias, ademais das excursións, as comidas, os guías e un trato familiar dende a contratación da viaxe e todo por un prezo módico. Son mesmo mellores que as organizadas polo Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso).

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios