La Diputación impulsará la recuperación de soutos y la comercialización de la castaña

A Deputación de Lugo subvencionará con 700.000 euros a unha empresa que se comprometa a recuperar soutos para aproveitar a súa produción de castañas. A
xunta de goberno provincial aprobou o venres 16 de abril as bases que rexerán a concesión desta axuda, que se repartirá en tres anualidades, entre este exercicio e o de 2012.

O voceiro socialista, o deputado Antonio Gato, explicou que esta iniciativa pretende fomentar o aproveitamento de recursos naturais propios ó tempo que contribúe a recuperar os castiñeiros, especies autóctonas e representativas de Galicia.

Explicou que nestes momentos hay moitos soutos na provincia de Lugo que non se están explotandos e que a súa produción se perde porque os donos non a recollen ou porque a maleza impide facelo. A intención da Deputación é poñer en valor esta riqueza natural que se dá en toda a provincia, pero en especial en zonas de montaña como O Courel.

A empresa adxudicataria da subvención deberá formalizar convenios cos propietarios dos castiñeiros, que cederán a explotación dos soutos a cambio dunha parte da produción de castañas. A firma adxudicataria deberá asumir tamén a limpeza dos terreos nos que traballe.

Antonio Gato explicou que este acordo de explotación pode extenderse tamén á repoboación, para fomentar as plantacións de castiñeiros onde na actualidade existen especies arbóreas foráneas.

A empresa adxudicataria recibirá unha axuda de 300.000 euros este ano, 220.000 no 2011 e 180.000 no 2012. Gato aclarou que este importe será só unha parte do investimento necesario que deberá asumir a firma para acordar cos propietarios a cesión dos soutos, recoller as castañas e comercializalas.

A xunta de goberno da Deputación decidiu tamén na sesión de onte destinar os remanentes do orzamento do programa LugO2 á adquisición de 12.000 lotes de produtos autóctonos de Lugo para repartir entre os participantes no programa Km0 e as visitas institucionais. Outra parte destes fondos destinaranse á dotación de equipamento de futuras aulas da natureza.

Paradela
O goberno provincial deu o visto e prace onte ó plan de obras para o investimento do canon hidroeléctrico que lle corresponde ó municipio de Paradela das  anualidades 2008-2009. O orzamento é de 175.500 euros, que se destinarán a mellorar accesos nas parroquias de Delle, Valmigallo e Cubela; rexeneración do camiño do cruce Lagüela-Mazo ó límite con Sarria, e ós accesos de Cortiñas de Barán a Monte de Lagüela. A Paradela correspóndenlle 400.000 euros do canon,  que se completarán en próximos anos.

A xunta de goberno da Deputación acordou tamén prorrogar ata o 31 de abril o remate das obras adicionais que está a realizar na estrada CP 5302, de San Clodio a Casares, en Ribas de Sil. O presuposto desta actuación ascende a 119.932 euros.

A institución provincial decidiu, por outra banda, que se personará en tres recursos presentados por condutores de vehículos que colisionaron con sendos corzos nas estradas de San Cibrao a Burela, de Feira do Monte a Castro Ribeiras de Lea e de Monforte a Sober.

Conservación viaria: Máis de 30 empresas optan ós contratos de mantemento das estradas provinciais
O deputado socialista Antonio Gato informou o venres 16 de abril de que 33 empresas optan ós contratos de conservación de estradas provinciais, ós que se destinarán máis de 20 millóns de euros ata 2012. Nesta convocatoria, a provincia divídese en oito áreas de mantemento, fronte ás 13 anteriores, co cal aumenta.

Menos obra pública
Gato indicou que o número de empresas que optan a estes contratos medrou un20 por cento. Atribúe este incremento ó descenso de obra pública por parte da Xunta. Apuntou que la Xunta destinou en 2009 un 56 por cento menos de fondos a obra pública que en 2008. Considera que esta rebaixa é un xeito de «facer caixa» coa crise.

Comentarios