A Deputación de Lugo e os escritores galegos únense para promocionar o galego

A institución provincial a a AELG organizan, entre outras actividades, as 'X Xornadas de Literatura Oral: Palabras con Memoria', que se desenvolverá o 21 de outubro no Pazo de San Marcos
Cartaz da X Xornada de Literatura de Tradición Oral
photo_camera Cartaz da X Xornada de Literatura de Tradición Oral

A Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) informaron este mércores dunha nova colaboración entre ambas institucións para "promocionar e impulsar o uso do galego", con especial incidencia no que se refire a incentivar a produción literaria na lingua propia.

En rolda de prensa, compareceron ante os medios de comunicación o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos; o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez; e o vogal de Literatura de Tradición Oral dese colectivo, Antonio Reigosa.

A colaboración da Deputación de Lugo circunscríbese neste caso a unha aportación de 20.000 euros coa que se organizará, entre outras actividades, as 'X Xornadas de Literatura Oral: Palabras con Memoria', que se desenvolverá o próximo 21 de outubro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

Álvaro Santos destacou a importancia desta colaboración para dar un impulso aos "produtores literarios" en galego, porque mentres en Galicia a edición baixou un 13,1% nos últimos anos, incrementouse na lingua propia do País Vasco -nun 34%- e de Cataluña -un 7%-.

Cesáreo Sánchez precisou que este convenio servirá para axudar a recuperar o uso da lingua e a literatura galega e quixo lanzar unha mensaxe "non de pesimismo", senón de "esperanza" para o futuro.

Reigosa recordou que "a relación entre a asociación e a Deputación é unha fermosa historia de amizade, de relación fraterna", sen a que a AELG non podería "levar adiante a función social da escritura" en gallego.

Ao seu xuízo, Galicia é "a potencia literaria que é" porque mantén viva "a tradición oral da que bebe" e as xornadas que se celebrarán o 21 de octubre serán "un grito de esperanza para o idioma e a literatura galega". 

Comentarios