Deputación e Concello de Lugo alentan un relato colectivo polas Letras

Os lucenses poderán narrar a súa cidade en ‘O relato de Lugo’, un cadáver esquisito proposto polos departamentos de Cultura de Deputación e Concello como novidade máis orixinal da Festa das Letras, tres xornadas de actos que se celebra dende mañá ata o sábado na cidade na honra de Valentín Paz Andrade.

O deputado de Cultura, Mario Outeiro, e concelleiro de Cultura, Antón Bao, deron a coñecer o programa, que contará con este relato de construción multitudinaria. Un taboleiro, con bolígrafos e papel, estará ao dispor dos interesados nos baixos da casa consistorial dende as 17.00 horas de mañá. Cada participante debe escribir unha frase que dea continuidade á que escribiu o anterior.

Os actos programados comezarán mañá ás 12.00 do mediodía cun concerto da Banda Municipal de Lugo no que encherá de música galega (Groba, Gustavo Freire,...) a Praza Maior. Virá seguida ás 13.00 horas dunha exhibición de baile tradicional a cargo de alumnos de colexios locais.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios