La Diputación destina 1,2 millones a cultura y deporte

Mario Outeiro, na súa reunión con asociacións culturais e deportivas da provincia (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Mario Outeiro, na súa reunión con asociacións culturais e deportivas da provincia (Foto: Xesús Ponte)

A Deputación de Lugo destinará en 2012 un total de 1.220.000 euros a axudas en materia de cultura e deportes para as entidades e os concellos da provincia. Así o confirmou onte o diputado de cultura e turismo, Mario Outeiro, nunha xuntanza celebrada con representantes das asociacións e clubes no Museo Provincial.

Na reunión, realizada logo das xa celebradas en Sarria, Monforte ou San Cibrao, Outeiro destacou que «se manteñen tódalas liñas de axuda de convocatorias anteriores», e resaltou que se «mantén o mesmo orzamento que o ano pasado para as actividades deportivas». No referente ás actividades culturais, o gasto redúcese en 60.000 euros respecto ao de 2011, que alcanzou os 650.000 euros.

A cantidade destinada a axudas para actividades deportivas ascende a 630.000 euros, dos cales 500.000 serán para as entidades e os 130.000 restantes para os concellos.

Os clubes poderán solicitar subvencións para actividades competitivas -ata un máximo de 8.000 euros-, para a organización de eventos -cunha cantidade máxima de 4.000 euros- e para actividades deportivas -cun límite de 8.000 euros-.

Dos cartos destinados aos gobernos locais, 80.000 irán adicados a investimentos e adquisición de equipamentos e 50.000 serán para gastos correntes de promoción deportiva. Os concellos poderán solicitar ata 6.000 euros para investimentos e ata 3.000 euros para equipamentos, 2.500 para a organización de eventos puntuais, e ata 5.000 euros para a organización de actividades ao longo do ano.

Cultura

En canto ás axudas en materia cultural, o montante total é de 590.000 euros. Outeiro subliñou que «unha parte importantísima do orzamento -430.000 euros- estará dirixido a apoiar o asociacionismo cultural nas nosas comarcas, que é o auténtico xerme e motor da nosa cultura».

As entidades culturais poderán optar a subvencións cun importe máximo de 6.000 euros para a realización dun evento, mentres que o límite para as actividades anuais alcanza os 8.000.

No tocante aos concellos, as axudas destinadas a investimentos terán un máximo de 6.000 euros por cada un dos beneficiarios, e as destinadas á adquisición de equipamentos non poderán superar os 3.000 para cada goberno local.

En canto aos gastos correntes e actividades dos concellos, o límite fixado pola Deputación de Lugo é de 2.500 para eventos puntuais, e 5.000 euros para actividades ó longo do ano.

Outeiro reivindicou «o esforzo financieiro» da institución para manter as prestacións económicas os colectivos culturais e deportivos, «non como ocorre noutras administracións coma a Xunta, onde estas axudas desapareceron».

PRAZOS
Ata o 23 de marzo e o 2 de abril para as socilitudes

As entidades e concellos poderán socilitar axudas para actividades ou equipamento no referente a cultura ata o 23 de marzo. No que se refire ás axudas destinadas ás actividades deportivas, hai varios días máis de prazo, ata o 2 de abril.

«Celeridade»

Outeiro recalcou a «celeridade» de resolución das axudas, «xa na primavera, co que as entidades teñen tempo para programar as súas actividades».

Comentarios