Denuncian que un veciño de Casás apropiuse dunha parte da estrada

O goberno local di que abrirá un expediente para recuperar o trazado, onde mesmo foi arrancado o asfalto e atópase valado

O goberno local anunciou este xoves que abrirá un expediente para analizar a denuncia trasladada por veciños do barrio de Casás, que acusan a outro residente de apropiarse de parte dunha rúa ubicada detrás do colexio. O concelleiro de infraestruturas, Manuel Núñez, respondía deste xeito en comisión a un rogo presentado polo edil de Ace-EU, Carlos Portomeñe, quen aseguraba que na actualidade o tramo de rúa apropiado atópase valado e cubierto cunha rede oscura que mesmo provoca un problema de falta de visibilidade para os conductores, xa que se atopa nunha curva.

Segundo os veciños, que onte celebraron unha reunión para acordar o traslado da denuncia formal de que o propietario se saltou a aliñación, din que mesmo se tería utilizado unha rebarbadora para levantar o alfalto antes de colocar o peche perimetral.

O expediente que abrirá o Concello terá como obxectivo facer o deslinde entre a finca e a rúa, segundo explicou o vicesecretario municipal durante a reunión da comisión de infraestruturas.

Carlos Portomeñe explicou que os veciños estaban satisfeitos polas obras de saneamento e urbanización acometidas polo Concello no barrio de Casás, pero laméntanse de que estos traballos foran aproveitados polo dono da finca para apropiarse de parte da vía sen que o Concello llo impedise.

Comentarios