MARIONETAS da Comisión Europea. Así cualifica a líder ultradereitista francesa os dous principais partidos. E se os conservadores era evidente que seguían as directrices do órgano supraestatal, o FMI e o BCE desde que Sarkozy estaba á fronte, parece estraña a acusación aos socialistas, logo de que Hollande gañara as presidenciais avogando pola política contraria. Pero ten visos de realidade, logo de que o xefe do Estado virara cara receitas ultraliberais antes criticadas. E así se explican en parte os seus pobres resultados das locais, porque os electores poden pensar que para que se apliquen esas políticas, mellor votar a quen as defende sen rubor. E outros quédanse sen alternativa á que apoiar, co que medra considerablemente a abstención. De aí o rexurdimento conservador, a auxe ultradereitista e a morrada socialista. Outra política seica é posible e hai cidadáns que a demandan.
Buscar
Más en Noticias
Noticias
España vive temperaturas bajo cero mientras que Galicia afrontará una jornada de transición
Redacción
23/abr./24 18:21
Noticias
Dani González asinou un hat trick para apertar ao Outeiro na clasificación
Redacción
21/abr./24 22:46
Comentarios