Delimitar el Camino: historia o costumbre

Un dos moitos fitos que lles indican o camiño a seguir aos peregrinos (Foto: C .Pérez)
photo_camera Un dos moitos fitos que lles indican o camiño a seguir aos peregrinos (Foto: C .Pérez)

Esa é a gran pregunta que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural quixo contestar co proxecto de delimitación do Camiño Norte, unha iniciativa loable que só tropezou cun pequeno gran problema, os mollóns levan colocados ‘provisionalmente’ dúas décadas e agora hai quen non quere que se cambien.

Di o refrán que se fai camiño ao andar, mais o problema chega cando non se sabe os pasos de quen seguir. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural propuxo delimitar o Camiño Norte de Santiago de Compostela, tamén coñecido como Ruta da Costa, do xeito máis fiel posible ao que consideran o itinerario histórico e para iso usan como referencia diversos documentos con séculos de historia. Hai quen non está de acordo e defende a viabilidade do percorrido feito polos peregrinos nas últimas dúas décadas.

Con este proxecto, a Xunta de Galicia retoma a delimitación dun trazado sobre o que xa se traballou nos anos 90, aínda que nunca foi resolto. Os técnicos autonómicos revisaron o percorrido e volverono a delimitar, con importantes cambios nalgúns puntos, de cara a lograr, agora si, a declaración definitiva e, polo tanto, a protección que se lle supón a un patrimonio destas características.

Fidelidade documental, agás por seguridade

Patrimonio basea a súa proposta en documentos coma a Carta Geométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845), os planos provincial de Lugo (1864), de Pascual Madoz, o do Bispado de Mondoñedo, de José Cornide (1764) ou o mapa xeográfico do Reino de Galicia, de Tomás López (1784). Só se fan concesións con respecto ao que se considera o trazado orixinal por seguridade, como no tramo entre Baamonde e San Alberte, onde o paso primitivo coincide coa N-VI, polo que se propón unha alternativa pola beira do río Parga. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios