Degustación castrexa

Obradoiro na antiga escola de Cabreiros, en Xermade. (Foto: M.Mancebo)
photo_camera Obradoiro na antiga escola de Cabreiros, en Xermade. (Foto: M.Mancebo)

Os veciños e os asistentes ás IX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros deron onte un salto histórico no tempo para descubrir un saboroso manxar castrexo que, na actualidade, cumpre tan só a función de alimentar aos animais da casa.

As landras foron as auténticas protagonistas duns curiosos relatorios nos que, os preto de 60 veciños que encheron a antigua escola da parroquia xermadesa, puideron debater sobre os coidados que precisan os carballos e tamén descubrir o método de recollida, amasado e cocción do pan feito a base de fariña de landras, típico dos antigos poboadores castrexos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios