''Me decidí por un trabajo orientado hacia el turismo''

Germán Paleo é o gañador do concurso de carteis sobre a Semana Santa de Viveiro da Xunta de Cofradías

En que se inspirou para realizar o cartel que o final resultou gañador do concurso?

Non me inspirei en nada en particular, pero si que mesturei moitas imaxes. Parecíame que os anteriores carteis da Semana Santa non estaban moi vinculados co turismo, polo que me decidín por colocar imaxes de Viveiro en varios recadros dun film de película xunto coas imaxes das vírxenes.

É a primeira vez que se presenta o certame?

Non, xa me presentara noutra ocasión pero cun traballo en folio que non se vía tan grande como nun cartel e que imaxino que por iso no foi seleccionado.

Levoulle moito tempo rematar este traballo?

Un pouco de tempo si porque é laborioso. Son cerca de 20 imaxes que hai que tratar co Photoshop. Tomeino con calma, fun facendo o traballo a cachos cando tiña tempo
ata rematalo.

Practica a fotografía dende hai moito tempo?

Realmente dende hai tres anos, que é cando me comecei a afeccionar porque apunteime a varios cursos que tiven que ir facer a Burela porque o certo é que en Viveiro hai moi pouca cousas. De feito cos cartos do premio quería mercar un novo obxectivo para a cámara.

Comentarios