Javier Pérez: ''Decidí que lo mío era la música y marché para América solo con billete de ida, mochila y guitarra''

Vizcaíno, coa inseparable guitarra. (Foto: EP)
photo_camera Vizcaíno, coa inseparable guitarra. (Foto: EP)

En novembro do 2012, liouse a manta á cabeza, deixou un traballo de oficina e emprendeu unha viaxe a América para loitar polo seu sono. Javier Pérez Vizcaíno voltou coa maleta chea de experiencias e proxectos. Agora o artista do Incio edita o seu primeiro disco, decidido a gozar coa música e «vivir dela honradamente».

con só 14 anos aprendeu a tocar a guitarra cun cura e, cumpridos os 17, fundou xunto a uns amigos o grupo Enigma de Sarria. De formación autodidacta, a música sempre acompañou a Javier Pérez Vizcaíno, primeiro compaxinada con outros traballos e, dende hai dous anos, adicado a ela en corpo e alma. O vindeiro sábado, ás oito da tarde, presenta na casa da cultura de Sarria o seu primeiro disco, titulado ‘Alas de papel’.

Como se xestou este primeiro disco, formado por dez temas de composición propia?

Eran temas que xa tiña de anos atrás e necesitaba sacalos, porque cría que merecían estar neste álbum. Tamén hai unha canción que fixen en América, que lle dá nome. As letras son todas miñas e a música -quitando ‘Sin mirar atrás’ que é de Simón López Caldeiro de Sarria- tamén. En parte é un disco autobiográfico.

En que medida o influíu aquela experiencia en terras americanas?

Foi a experiencia da miña vida con diferencia, un punto de inflexión total. Decidín que o meu era a música e tiña que loitar por ela. Deixei un traballo con xente estupenda e marchei cunha mochila e unha guitarra, só con billete de ida a Bogotá. Foron catro meses e medio en Colombia, Perú, Chile, Bolivia, Uruguai, Brasil e Arxentina, onde contactei coa produtora Retrovan Records, que me axudou moito e coa que sigo colaborando.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios