Débense ao partido, non aos cidadáns

NADA FACÍA presaxiar que a principal fenda no PP se producira pola lei do aborto, pois aínda que figuraba un cambio lexislativo no programa electoral, estes textos soen ser papel mollado en todos os partidos, un requisito que todos redactan pero dos que pouco se cumpre, como se ten demostrado mandato tras mandato, e neste máis ca excepción é paradigma. Non me culpen de formalizar o que consta no programa co que o PP gañou as eleccións de 2011, dicía con bo criterio o ministro Gallardón. Ten razón. Entón agora que non se queixen os representantes populares se teñen que apoiar no Congreso e no Senado unha lei coa que non están de acordo, que o pensaran antes e que non aceptasen un posto nas listas electorais nas que concorreron, porque como teñen dito moitos dos seus representantes, deputados e senadores débense ao partido que os coloca e non aos cidadáns que os elixen.

Comentarios