De ruta a caballo por la Terra Chá

Os cabaleiros realizaron un percorrido polas paraxes máis fermosas da contorna (Foto: EP)
photo_camera Os cabaleiros realizaron un percorrido polas paraxes máis fermosas da contorna (Foto: EP)

Bretoña e Roupar foron os escenarios escollidos para albergar, durante a pasada fin de semana, dúas exitosas rutas a cabalo. Nelas participaron preto dun cento de cabaleiros, chegados desde distintos puntos da comarca, que gozaron tanto do paseo como do xantar e da cea de confraternidade programadas ao finalizar a ruta.

Na Pastoriza, na iniciativa organizada polo colectivo Amigos dos Cabalos de Bretoña, xuntáronse un total de 50 cabaleiros que percorreron a lomos dos seus equinos 28 quilómetros. Despois, no ágape celebrado no campo da festa, sumáronse familiares e amigos ata chegar aos 85 asistentes.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios