miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

De rivais a aliados

NUNCA un partido no goberno se prodigou tanto en gabanzas ao principal da oposición. Certo que tampouco escatima críticas, pero polo ton a mensaxe é de que o PSOE deixou de ser o rival do PP para converterse en posible aliado se veñen electoralmente tan mal dadas como prognostican as enquisas. A idea de compartir tarefas de goberno pasou de globo sonda semidesmentido pola secretaria xeral do PP para achegarse a unha petición en toda regra por parte do presidente. É factible este pacto, de feito non é novidade en Europa pois algo similar xa o plasmaron entre outros en Austria e en Alemaña. E é posible porque ante un terceiro rival é doado atopar semellanzas e intereses. O problema é que o ruxerruxe, por moito que o desminta o PSOE, favorece a Podemos, porque electores proclives a apoiar os socialistas poden cambiar ante o risco de que o seu voto se desvirtúe.

De rivais a aliados
Comentarios