David Vázquez: ''Hai xente que non superou que a súa casa quedase debaixo da auga, que hoxe aínda chora''

David Vázquez, no seu estudio.
photo_camera David Vázquez, no seu estudio.

David Vázquez, director do documental 'Asolagados'.

Portomarín é o símbolo dos lugares que quedaron baixo as augas do Miño coa construción da presa de Belesar hai medio século. Pero entre Chantada e Taboada, outros 27 núcleos de poboación correron a mesma sorte. O documental ‘Asolagados’ recolle a historia desas aldeas e da súa xente.

A HUMANIDADe limpa, sen exceso de dramatismo, é unha das señas de identidade do director David Vázquez (Pesqueiras, Chantada, 1971). Despois das curtas ‘Empatanados’ ou ‘As almas do Fental’ atreveuse co seu primeiro documental, ‘Asolagados’, que recupera o episodio máis polémico da historia recente de Chantada, a construción da presa de Belesar. O equipo Coa Auga ó Pescozo, con Vázquez como capitán, estrea a obra o mércores ás 22.00 horas na Praza do Cantón de Chantada.

Como nace ‘Asolagados’?

No 2011, Gas Natural Fenosa baixou a mínimos históricos o nivel da auga do encoro de Belesar e por primeira vez víronse pobos que quedaron sepultados hai medio século. Ao primeiro tratamos o tema como algo informativo, pero alí había para algo máis. Propuxemos unha reportaxe de 20 minutos e quedou nun documental de máis dunha hora.

Foi difícil atopar testemuñas que viviran nos pobos anegados?

Aquí foi imprescindible a colaboración de Begoña Vázquez, unha panadeira que coñece a zona coma a palma da man. O seu avó é unha das testemuñas e foron os guías para dar co resto.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios