Centrocampista do SP Lucense

David García: Dous goles para situarse na zona tranquila

SEGUNDA GALICIA SUR
SPORTINGLUCENSE_DAVID
O Spórting Lucense encadea tres vitorias consecutivas, que lle permiten situarse na zona morna da táboa, un lugar tranquilo desde o que encarar a segunda volta da competición. O equipo que adestra José Antonio López, Lolo, venceu esta fin de semana ao Oural grazas a dous goles marcados por David, que leva catro tantos esta tempada.