jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Darriba logra o Fernández del Riego cun artigo en De Luns a Venres

Manuel Darriba (Sarria, 1973) obtivo o galardón de xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo ‘Grises’, publicado no periódico De Luns a Venres, pertencente ao grupo El Progreso. A fundación Novacaixagalicia e o ámbito cultural de El Corte Inglés convocan este premio, que leva o nome de Julio Camba na categoría en castelán e que recaeu na xornalista e escritora asturiana Ángeles Caso.

Darriba -guionista, escritor e xornalista- foi distinguido co premio Fernández del Riego polo artigo ‘Grises’ aparecido o 4 de setembro de 2012 en De Luns a Venres. O gañador apunta que na súa columna nese xornal fai, ás veces, reflexións sobre o periodismo. ‘Grises’ achega unha opinión crítica á cobertura informativa da crise económica, tanto no enfoque no que sempre se vai «ao macro, ao grande», como no xeito de contar, porque «a sección de Economía dun xornal de provincias non se entende sen un posgrao en administración de negocios».

Consiga AQUÍ la información completa

Darriba logra o Fernández del Riego cun artigo en De Luns a Venres
Comentarios