Darío Xohán Cabana reeditará su versión en gallego de 'La Divina comedia’

Darío Xohán Cabana recibe os parabéns dun convidado. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Darío Xohán Cabana recibe os parabéns dun convidado. (Foto: Xesús Ponte)

O segredo da tradución é o tempo. «Se hai tres versos que se che atravesan, traballa neles canto sexa preciso», sostén Darío Xohán Cabana, tradutor chairego que o ano que vén publicará unha revisión da súa «versión en galego» da ‘Divina comedia’ de Dante Aligheri e que onte recibiu a homenaxe da Asociación Galega de Tradutores no Concello de Lugo. A este acto do Día da Tradución sumáronse escritores como Marica Campo e Paco Martín.

Darío Xohán Cabana verqueu ao galego dous clásicos da literatura italiana como son a poesía de Petrarca e, precisamente, a ‘Divina comedia’. A súa primera «versión» é de 1990, pero agora púxose outra vez cos 14.233 versos do descenso aos infernos de Dante. E insiste no de versión, porque Cabana ten por certo que a ‘Divina Comedia’ é a de Dante «e de Dante non se pode cambiar un só verso».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios