sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Dar conta aos electores ou ao líder do partido

OÍR que os republicanos estadounidenses non son capaces de poñer orde nas súas filas, porque hai posturas enfrontadas sobre a suspensión de pagos da Administración, é interpretar desde a órbita española un sistema electoral que nada ten que ver co noso. Precisamente aquí non son poucas as voces críticas ás listas pechadas que favorecen que no Congreso, Senado, unha cámara autonómica ou un concello todos os representantes dun partido voten o mesmo. En Estados Unidos cada senador ou deputado non se debe ao líder do partido (aquí é o que permite que ocupe un posto destacado nunha papeleta) senón que dá conta das súas decisións diante dos electores. En España na Transición optouse polo sistema pechado para fortalecer os partidos e evitar corruptelas nos representantes públicos, aínda que non se logrou por completo. E diso hai 35 anos. Pode ser tempo de cambio.

Dar conta aos electores ou ao líder do partido
Comentarios