''En aquel entonces no nos mandaban a las escuelas por ir con los bichos''

Á escola fun aos doce anos en Quetesende, desde que empeza o colexio ata decembro. Logo xa viñemos para caseiros de Tella, para as Aceñas, en Adai. Alí fun uns dous anos con Manuel Franco Carballeira. En Quetesende comecei co silabario, a, be, ce, e despois, pe pe, pa pá e iso.

José Manuel Pol Herbón / Quetesende / Castroverde

También en la escuela vi los primeros ejemplares de pelotilleros y lameculos que solo con la adulación, se ganaban el favor del maestro. Y, ¡cosa curiosa!, también después, a lo largo de toda mi vida, he encontrado siempre a los mismos hipócritas y tiralevitas que, apoyados únicamente en la adulación, hicieron carrera en este mundo.

Luis Moure Mariño / Escairón / O Saviñao

A miña primeira escola era en Paradela. A máis de 1.000 m de altitude, sen estrada e con catro ou cinco casas. Estaba todo moi fodido. Sen profesorado unha parte do curso académico por mor da neve e a incomunicación, lembro ter levado ao lombo unha bombona de butano para quecer a aula na que se agrupaban todas as crianzas da vila.

Luís Fernández Pérez / Paradela

Xa pasara pola escola de Don Arturo e a súa muller, dona María Teresa; pola de dona Lola, do Sindicato, e pola Academia Comercial, don Luis Moreno. Nas tres tiven bos amigos: as Maruxas (de Robles e Ibáñez) e Manolito de Castro (Sobrado), que non voltei a ver pero non esquecín o seu sorriso ao tempo que chiscaba os ollos; dona Lola (cun baúl cheo de figuras para o nacemento de Nadal); Eva, Olga, os irmáns López Rubín; Uxío (a quen chamamos Genín), hoxe presidente da comisión de festas, o Xosé e o Ramón (bispo no Brasil), Matilde Castaño, Julita, Luisa, Isabel Kappler, o actual alcalde, Arturo Corral, e Antonio Díaz Fuentes, que se nos engadía cando ‘latabamos’ á escola, e iamos ás aceas ou ao monte de Santa Cristina.

Iolanda Díaz Gallego / Sarria

O primeiro recordo da miña nai vencellado ao mundo do traballo ambientábase na escola que poñía pola súa conta unha que estudara. O país sufrira unha guerra. Había fame, os nenos na escola pasaban frío. De súpeto chamaban a porta, era miña avóa, a Sra Mercedes de Cabarcos. Non tiña que dicir nada. A súa filla máis nova Conchita erguíase coma un lóstrego de vontade porque entendía que tiña que ir cas vacas para as Regas ou para o prado que levaban nas Saamasas. E ella, sen ter aínda dez anos, ía feliz, consciente que daquela todo o mundo tiña que axudar na casa.

Paco Cabarcos / Lugo

Xa non funciona en Segán a escola unitaria na que aprenderon a ler e a escribir unhas cantas xeracións de emigrantes, incluída a miña. Agora os nenos teñen como compañeiros a otros cativos das parroquias da bisbarra, noutra aldea, pero aquel ensino dogmático, no que a única intención era o coñecemento memorístico, a penas se distingue do actual. Cambiou a ubicación, cambiou o mestre, pero as metas marcadas nas aulas pouco mudaron. Logrouse a escolarización plena, pero os métodos seguen tendo lagoas coma simas.

Tito Diéguez / O Saviñao

Despois de todo nós criámonos ben. Como papá e mamá eran unhas personas traballadoras, sabían levar moi ben a vida. Déronnos escola, que daquela nos pobos non nos mandaban ás escolas por ir cos bichos. A máis nova das miñas irmans non quería ir a escola. Era moi rabuda, non quería ir á escola. Entón o papá dicíalles: «Mira, se hai unha bágoa no libro, por cada bágoa vouche dar un cantrelón». Un cantrelón era darlle na cabeza. Dar non lle daba, pero desafiábaa. Y se tiña bágoas, comíaas, pero no libro non lle caía ningunha.

María Vecín López / Veiga de Brañas / Zanfoga / Pedrafita do Cebreiro

Tiña 10 anos. Acababa de chegar a Vilalba. Aínda non tiña amigas, só unhas cantas nenas coñecidas: a Pili e a Paz da Ermitas e a Marola e a Telli, as súas curmás, e as nenas de María Mediadora que paseaban nas tardes de lecer en bicicleta pola rúa das Pontes dun extremo ao outro coa adoitada rutina. Cando comecei a escola na vila, na única e masificada que había, o Colexio Comarcal Mixto de Vilalba -hoxe Manuel Mato Vizoso-, fixen as primeiras amizades e, máis que no patio de recreo, no camiño de ida e volta á casa. Alí coñecín a Luz. Fun sabendo que vivía case sempre coas súas tías da Ponte, a Pepita e a Carmiña, que eran das poucas persoas eruditas do pobo, e con seu pai que era mestre.

María Xosé Lamas / Vilalba

La primera vez que voy a la escuela es en San Pedro de Láncara. Luego se inaugura en Carracedo el edificio que fue del ayuntamiento, y en la parte posterior hay dos escuelas, escuelas unitarias, de niños y de niñas, algo curioso en aquella época.

Laureano Álvarez Armada / Láncara

Algunhas veces tamén iamos á escola con don Andrés, que era un mestre con moita sona, todos revoltos, nenos e nenas desde 5 ata 14 ou 15 anos, anque a escola só se enchía cando chovía a cántaros ou nevaba a copo tendido.

Vicente Touzón / O Courel

Meu home sabía ben de contas e de letra e poñía leccións ós nenos, pois daquela só había escola en Trebolle. En pago dábanlle un ferrado de pan e, con algo de negocio que puxemos, iamos tirando.

Elvira López / O Páramo

A primeira experiencia educativa con Eladio Iglesias foi decisiva na miña vida, xa que era unha escola libre que supuxo a apertura dunha fiestra ao mundo desde un Cadavedo aillado e cuberto de néboa.

Dino Pacio Lindín / Xemil / A Pastoriza

Con só 18 anos, destináronme a unha aldea da Fonsagrada para impartir clase nunha escola unitaria. Eu que era unha urbanita, vinme de súpeto camiñando doce quilómetros polo monte -ás veces, entre lobos-, quentándome cun infiernillo de petróleo e facendo as necesidades nunha bacinilla ao non dispor, nin na casa, nin na escola, de sanitarios.

Maruchi González Fernández / Vilabol de Arriba / A Fonsagrada

Aos seus 84 anos, José Rábade Braña, veciño de Seixas, en Cospeito, é un habitual das feiras de Vilalba, ás que acode para comercializar os seus produtos: «Traio patacas, grelos e ás veces ovos, todo do meu, dos máis nada». A pesar da súa idade, leva poucos anos de feirante, pois antes os seus labores como agricultor non lle deixaban tempo. Súa irmá Aurora acompáñao ás veces, aínda que cada vez menos. Ela era a encargada das contas, así que agora José recorre á calculadora: «De contas aínda sabía ben, porque aprendín na escola con Celso Currás, pero a idade fai moito e eu xa vou cara aos 90».

Cristina Pérez / José Rábade Braña / Seixas / Cospeito

Nas clases botaba a voar a imaxinación e inventábame xogos para que os nenos se divertisen ao tempo que aprendían. Do que me arrepinto é de non ter feito un libro con todas as vivencias e anécdotas que me deixaron os nenos.

María del Pilar Cordeiro, Maruchi / Palas de Rei

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios