Daniel Vega: ''El PP apuesta por políticas sociales y fue el primero en ofrecer dinero para el geriátrico de Ribadeo''

A canteira do Partido Popular en Lugo reelixiu, co 90% dos votos, a un ribadense, técnico agrícola de profesión, que elevou de 280 a 620 a cifra de afiliacións ás Novas Xeracións. Logrou representación en 39 concellos lucenses e proponse chegar a todos, pero aposta pola fusión «para constituír agrupacións comarcais». 

este será o segundo e último mandato -polo límite de idade- para o ribadense Daniel Vega ao fronte das Novas Xeracións do Partido Popular na provincia de Lugo. Vén de participar nunha convención nacional en Madrid na que falou sobre valores e principios perante ministros como Luis de Guindos e José Ignacio Wert ou o presidente Mariano Rajoy. Dirixentes como Alberto Núñez Feijoo e José Manuel Barreiro agradécenlle a este político novo a súa entrega, máis aínda tras sufrir un grave accidente que o lesionou nunha perna e que non lle impide seguir ao servizo dos lucenses.

Tivo a Wert moi preto, que pensa da súa controvertida lei?

Cun índice de fracaso escolar do 25%, as cifras avalan a reforma que propuxo. Non é certo que cada goberno mude a lei. O PSOE gobernou 16 anos durante os que fixo cambios, mentres o PP propuxo un que nin sequera se chegou facer porque Zapatero derogouno. A lei non se fixo soa: houbo 37 enmendas da oposición e outras da comunidade educativa. Contouse con todo o mundo e non se recurtan becas. Deféndese o sistema público, porque o PP nin pecha universidades, nin hospitais.

Defende o copago de menciñas?

Hai alcaldes do BNG que din que o van pagar eles, pero sen prever partidas nos orzamentos. O Hospital da Costa ía ser un centro de saúde, segundo dixo o vicepresidente provincial Antonio Veiga, e resulta que o PP vai aumentalo, é dicir, haberá máis inversión pública nese centro. Fíxose algún cambio na xestión sanitaria, pero ninguén acode á sanidade cunha tarxeta Visa, porque segue a ser un servicio público e universal. Houbo que modificar algo, porque o PSOE deixou no Estado unha débeda duns 17.000 millóns. O PSOE e o BNG só entenden de gasto, pero descoñecen que é xestionar. O PP defende a sanidade pública, inviste nela. Mesmamente o Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) comezou xa co goberno de Manuel Fraga e rematouno un goberno do Partido Popular.

Como apoiará a Xunta a Ribadeo en sanidade e servizos sociais?

En Ribadeo cada médico ten 1.046 pacientes, moi por debaixo da ratio de 1.500 por facultativo que fixara o goberno bipartito anterior. Ademais, a Xunta foi a primeira en poñer cartos sobre a mesa para construír o futuro xeriátrico ribadense e se o PP gobernara en Ribadeo, xa estaría feito, porque non perdería o tempo en pancartas. A xuntanza que se tivo coa conselleira do ramo en Santiago fíxose gracias ao PP ribadense.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios